Os Realme 5 e Realme 5 Pro seguen a apostar por grandes prestacións e baixo prezo
martes, 20 de agosto do 2019
Agora que xa temos
en España o Realme 3 Pro a un prezo que parte dos 199 euros podemos pór a
vista nos novos smartphones da marca económica de Oppo que veñen de presentarse na
India e que volven ofrecer grandes prestacións a prezos moi axustados.
O modelo de entrada é o Realme 5,
que chega cun procesador Qualcomm Snapdragon 665, pantalla de 6,5 polgadas con
resolución HD+ e unha pequena pestana superior para a súa cámara frontal de 13
MpÃxeles, cámara traseira cuádrupla con sensor principal de 12 MpÃxeles e unha
baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 10 watts (que, por exemplo, permitirÃa
ver vÃdeos de YouTube durante 19,1 horas seguidas).
No apartado fotográfico o Realme 5 pode presumir dun ultra grande angular de 119
graos, sensor principal de 12 MpÃxeles, obxectivo orientado aos retratos e un
cuarto obxectivo para fotografÃas tipo macro (a 4 centÃmetros de distancia).
Tamén coidan o software das cámaras, de xeito que incluso conta co cada vez
máis frecuente modo nocturno, que mellora as instantáneas tomadas baixo pouca
luz.
A nivel estético, o smartphone ten un acabado en cor nano holográfica (azul ou
púrpura), que consegue reflexos en distintos ángulos, dándolle unha aparencia elegante,
pouco frecuente en dispositivos deste rango de prezo. O Realme 5 tamén ten
Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, toma de auriculares, lector de pegadas dixitais
traseiro, lector de tarxetas microSD de até 256 GB e resistencia a salpicaduras;
e ao mercado da India chega o vindeiro dÃa 27 en 3 configuracións distintas, de
3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento, 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e 4
GB de RAM e 128 GB de almacenamento, a 9.999, 10.999 e 11.999 rupias
respectivamente (126, 138 e 151 euros).
VÃdeo promocional do Realme 5
Pola súa banda o Realme 5 Pro é un terminal máis ambicioso, moi semellante ao seu irmán pequeno, pero cun procesador Qualcomm Snapdragon 712, pantalla de 6,3 polgadas (curiosamente un chisco máis pequena) cun pequeno espazo superior para unha cámara frontal de 16 MpÃxeles, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48 MpÃxeles e unha baterÃa de 4.035 mAh con carga rápida. Temos asà unha versión do móbil anterior que principalmente é máis potente (contando incluso cun sistema de optimización para xogos) e dá un importante salto no apartado fotográfico (o seu sensor principal de 48 MpÃxeles ten apertura f/1.8 e un sensor de grande tamaño) pero tamén incrementa o seu prezo, de xeito que chegará ao mercado o 4 de setembro a 13.999 rupias (176 euros) con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, a 14.999 rupias (189 euros) con 6 GB de RAM e 64 GB de almacenamento e a 16.999 rupias (214 euros) con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento. Uns prezos realmente agresivos, que serán un chisco máis elevados cando estes dispositivos cheguen ao mercado europeo nos vindeiros meses, pero que igualmente farán que esteamos ante dispositivos moi atractivos pola súa relación prestacións-prezo e o seu atractivo deseño.
VÃdeo promocional do Realme 5 Pro
- O Realme 5 Pro coida especialmente o seu apartado fotográfico
- Os Realme 5 e Realme 5 Pro funcionan con ColorOS 6 (baseado en Android 9)