Os Samsung Galaxy A51 e A71 estrean versión 5G
mércores, 8 de abril do 2020
A primeiros de ano chegaron a España os smartphones de gama
media cos que Samsung quere conseguir unha boa posición no mercado, o Galaxy
A51 e o Galaxy A71, que apostando por baterÃas de longa duración, cámaras múltiples,
pantallas case sen marcos e prezos axustados están a ter unha boa aceptación
(lembremos que o Samsung Galaxy A50 foi o móbil máis vendido en España en
2019), de aà que queiran ir un paso máis aló, e para usuarios máis esixentes anuncian
versións 5G do Galaxy A51 e do Galaxy A71.
Deste xeito, o que queiran gozar das velocidades ultra-rápidas da 5G non terán
que adquirir un smartphone de alta gama, senón que poderán optar por estes
dispositivos máis asumibles, que poden resultar atractivos para quen renove o
móbil con pouca frecuencia, de xeito que resultaralle atractivo facerse cun terminal
preparado para as comunicacións do futuro.
O Samsung Galaxy A51 5G é un teléfono con pantalla Super AMOLED Full HD+ de 6,5
polgadas, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 48 MpÃxeles, cámara
frontal de 32 MpÃxeles, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas micro SD de até 1 TB), lector de pegadas en pantalla e baterÃa
de 4.500 mAh con carga rápida de 15 watts, que poderÃa converterse nun dos
móbiles de máis éxito nos vindeiros meses.
Usuarios máis esixentes poderÃan optar polo Samsung Galaxy A71 5G, que presenta
unha pantalla Super AMOLED Full HD+ de 6,7 polgadas, cámara traseira cuádrupla
cun sensor principal de 64 MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles, 6 GB de RAM,
128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 1 TB de
capacidade), lector de pegadas en pantalla e baterÃa de 4.500 mAh con carga
rápida de 25 watts.
Ambos smartphones inclúen NFC compatible con Samsung Pay, sendo tamén
compatibles con outras prestacións do ecosistema do fabricante surcoreano como
Samsung Health e Samsung Knox, de xeito que resultan atractivos tanto para usuarios
particulares como para empresas que queiran integralos na súa flota de móbiles.