Os Smart TV de Samsung facilitarán o acceso aos contidos de Apple
luns, 7 de xaneiro do 2019
As plataformas de contidos audiovisuais están
intimamente ligadas cos grandes fabricantes de electrónica de consumo, xa que a
súa integración elimina a fricción á hora da contratación dos seus servizos, e
semella que dende Apple por fin foron conscientes de que non poden limitar as
súas plataformas aos seus contidos, e asà temos que Samsung
anunciou hoxe que a primeiros da primavera comezará a ofrecer pelÃculas e
series de televisión a través dos Smart TV que lance este ano, e que tanto
integrarán a tenda de contidos iTunes como ofrecerán compatibilidade con
AirPlay 2.
A nova prestación dos televisores de Samsung chegará a través dunha
actualización do seu firmware, chegando en primicia aos Smart TV de Samsung en
máis dun cento de paÃses, mentres que o AirPlay 2 está previsto que chegue a
máis de 190 paÃses.
A aplicación de iTunes para televisores de Samsung permitirá acceder ao
catálogo de contidos ofrecido por Apple, con milleiros de pelÃculas e series,
incluÃndo contidos en ultra alta definición con HDR, e eses contidos
integraranse coas funcións dos Smart TV de Samsung como a guÃa universal de
contidos, o buscador e o asistente de voz, ofrecendo asà unha experiencia de
uso coherente.
A compatibilidade con AirPlay 2 facilitará a reprodución de fotografÃas, vÃdeos,
música, podcast e outros contidos dende dispositivos de Apple directamente no
televisor, incluÃndo os televisores QLED 4K/8K, The Frame e Serif lifestyle,
asà como o resto de modelos de Smart TV de Samsung.