Os Transformers chegan a Overwatch 2

martes, 9 de xullo do 2024 Marcus Fernández

A actualización de metade da tempada 11 do xogo Overwatch 2 achega unha grata sorpresa para os seareiros dos robots do planeta Cybertron, pois o último evento de colaboración introduce aos épicos Transformers no universo de Overwatch 2.
O xogo permite así replicar as batallas entre Autobots e Decepticons con Reinhardt adoptando a aparencia de Optimus Prime, Ramattra vestindo o aspecto de Megatron, Bastion facendo de Bumblebee e Illari lucindo como Arcee. Aparte dos novos aspectos, cada lote de heroes inclúe efectos cosméticos adicionais de Transformers, como xogadas destacadas, poses de vitoria, iconas de xogador e tarxetas. Tamén é posible desbloquear a colección enteira co megapack e facer gala de exclusivos recordos emblemáticos inspirados en Transformers.
Este cruce de universos comeza hoxe e terá lugar até o 22 de xullo.

Vídeo no que podemos ver en acción os atuendos de Transformers en Overwatch 2

PUBLICIDADE