Os VI Premios Mil Primaveras distinguen innovadores xeitos de promover o galego
luns, 9 de xuño do 2025
O pasado sábado 7 de xuño o salón de actos do Pazo de Cultura de Pontevedra acolleu a entrega dos VI Premios Mil Primaveras, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a través do programa Culturea, e do Concello de Pontevedra.
A iniciativa innovadora Modo galego, actÃvao!, proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolvido en clave colaborativa entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos galardóns. Estes premios tamén recoñeceron outros tres programas que inciden na nenez e na mocidade e favorecen a socialización en galego: a canle de vÃdeos animados e contidos dixitais Galego para peques, a empresa de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego Brazolinda e o programa do CEIP Sagrada Familia da Coruña Vitamina G.
O acto de entrega de premios estivo conducido por Atenea GarcÃa, actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia.
Por certo que na sección Proxectos premiados da web dos Premios Mil Primaveras están dispoñibles os 32 proxectos escollidos polos xurados das seis edicións destes premios, cunha explicación detallada da súa planificación, xestión, desenvolvemento e avaliación, ademais das súas necesidades técnicas e persoais e outros detalles como fotos, arquivos de vÃdeo e son e ligazóns a Internet. Coa dispoñibilidade e difusión dos proxectos, a CTNL pretende que poidan servir de modelo a iniciativas futuras de SNL, ENDLG, asociacións e outras entidades que promovan o uso e o prestixio da nosa lingua.
Os Premios Mil Primaveras, creados en 2019 pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), pecharon este sábado a súa sexta edición, convocada en 2024, co acto de entrega de galardóns. Estes premios teñen como finalidade valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos cuxo obxectivo principal é o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e prestixio.