Os Xogos con Gold recuperan o seu pulo en xaneiro

martes, 22 de decembro do 2020 Marcus Fernández

Tras uns meses con xogos totalmente prescindibles, a selección de Xogos con Gold para o mes de xaneiro é bastante notable, con títulos que cando menos son coñecidos, e que poden sorprender pola predominancia do terror e a violencia, cando nestas datas parecería máis razoable incluír algún título familiar.
Os xogos de Xbox One que chegan en xaneiro serán Little Nightmares (terrorífico xogo que nos somerxe nos medos da invancia) e o xa clásico Dead Rising (xogo de acción que no mete na pel de Frank West, un reporteiro gráfico que cubre un gromo de zombis nunha aventura que deu pé a toda unha franquía).
Aproveitando a retrocompatibilidade teremos o xogo de loita The King of Fighters XIII (que devólvenos a unha saga clásica dos salóns recreativos) e o xogo da Xbox orixinal Breakdown (no que encarnamos a unha persoa con amnesia e poderes extraordinarios que terá que sobrevivir loitando contra unha facción militar e a outros guerreiros sobrehumanos).

PUBLICIDADE