Os altofalantes portátiles Jambox poderanse adquirir cun recubrimento resistente á auga
xoves, 28 de novembro do 2013
Uns produtos que están a conseguir pórse de moda son os altofalante portátiles sen fíos de Jawbone,
o Jambox e o Mini Jambox, que pese a ter uns prezos bastante elevados (149,99 e
179,99 euros respectivamente) trunfan ao percibirse como unha solución elegante
para escoitar música reproducida dende dispositivos móbiles con Bluetooth, pero
a súa innovación non parece querer limitarse ao deseño, senón que están a incorporar
unha interesante opción de configuración: por
50 dólares adicionais permiten adquirir os seus altofalantes con protección
Liquipel 2.0, un recubrimento que habilita o trebello para superar a norma
IPX-5, ou sexa, para soportar a auga, o que pode resultar moi atinado para quen
quere escoitar música no cuarto de baño ou na piscina.
Cómpre lembrar que Liquipel é unha
compañía que ofrece o servizo de recubrimento resistente á auga para
dispositivos como auricualres, reprodutores multimedia, teléfonos ou tablets,
podendo aplicalo aos nosos produtos ou ofrecendo tamén diferentes produtos
pre-tratados na súa tenda en liña. Unha solución ideal para quen precise de
protección contra a auga e non queira limitarse ao catálogo de produtos
deseñados para tal fin.
- Os altofalantes Jambox están a converterse en produtos de moda casando un elegante deseño e unha grande versatilidade