Os anuncios de encabezado de YouTube chegarán aos televisores
xoves, 19 de setembro do 2019
- O formato publicitario de YouTube que chega aos televisores destacará pola súa posición prominente, converténdose nun dos xeitos máis efectivos para conseguir un grande impacto
Cada vez é maior o consumo de YouTube na pantalla do
televisor, grazas en grande medida á grande implantación dos Smart TV nos
fogares, e conscientes diso a empresa de Mountain View quere aproveitar esa oportunidade
para unha maior explotación publicitaria, polo que anuncian que o formato de
anuncios de encabezado, que podemos ver na versión web do servizo, e que serÃa un
equivalente aos banners de cabeceira de moitas publicacións, chegará ás
aplicacións de YouTube para televisores.
Este anuncio en vÃdeo non só terá un lugar prominente na pantalla do televisor
(conseguindo un grande alcance), senón que tamén reproducirase automaticamente
aos poucos segundos, co que buscan un grande impacto. Os anuncios de encabezado
están dispoñibles tanto para a web como para dispositivos móbiles, e a partires
de agora os anunciantes poden mercar este tipo de anuncios, podendo indicar a
audiencia á que van dirixidos, no que semella que será un dos formatos
publicitarios máis interesantes cando se quere remitir unha mensaxe nun momento
moi determinado.