Os auriculares Beats Fit Pro incorporan cancelación de ruído activa

martes, 2 de novembro do 2021 Marcus Fernández

O deseño dos novos auriculares facilita unha boa suxeición durante a práctica deportiva

Beats, a marca de Apple, presentou os novos auriculares sen fíos Beats Fit Pro, que sairán á venda o 5 de novembro nos EE.UU. a un prezo de 199,99 dólares e que chegarán a Europa a primeiros de 2022.
Estes auriculares, dispoñibles en 4 cores distintas, están pensados para o uso no día a día e na práctica deportiva, xa que contan cun deseño que se suxeita con firmeza ao pavillón auditivo e tamén conta con resistencia a auga IPX4.
Pero o máis rechamante destes auriculares Beats é que están equipados co procesador Apple H1 (de xeito que compórtanse do mesmo xeito que os AirPods en combinación co iPhone) e inclúen tecnoloxía de cancelación de ruído, modo transparencia, Adaptive EQ e audio espacial con seguimento de cabeza, polo que serían o equivalente aos AirPods Pro (que custan 249,99 dólares), aínda que máis económicos, co único compromiso de non poder cargar o seu estoxo sen fíos.
Estes novos auriculares tamén incorporan sensores de detección de pel, de xeito que reproducen ou pausan a reprodución de contidos cando os poñemos ou quitamos, de xeito que non se activarían cando, por exemplo, os gardemos no peto.
A súa autonomía é de 6 horas de reprodución por auricular, que poden ampliarse outras 21 horas grazas ao seu estoxo de carga. Tamén contan con carga rápida, de xeito que en só 5 minutos conseguen autonomía para 1 hora.

Os Beats Fit Pro venderanse en 4 cores distintas

Vídeo promocional dos Beats Fit Pro

PUBLICIDADE