Os auriculares Galaxy Buds Live incorporan cancelación de ruÃdo activa
xoves, 6 de agosto do 2020- Os novos auriculares chegarán ao mercado en 3 cores diferentes
Tras os auriculares sen fÃos Galaxy Buds e Galaxy Buds+ a
Samsung quedáballe un paso máis para poder competir co catálogo de auriculares
de Apple, e por fin conségueo cos Galaxy
Buds Live, uns novos auriculares elegantes e ergonómicos, que finalmente
ofrece cancelación de ruÃdo activa, prestacións que agradecen especialmente os
que viaxan moito en medios de transporte público e buscan illarse do contorno.
Os Galaxy Buds Live integran un altofalante de 12 milÃmetros con tecnoloxÃa AKG
completado por un conduto de graves e saÃdas de aire para reducir a oclusión e
conseguir un son amplo. Temos asà uns auriculares que coidan da calidade do
son, aÃnda que tamén teñen un deseño que se axusta moi ben ao ouvido (), permiten
o seu control mediante xestos táctiles (podendo incluso asignarse un acceso
rápido para iniciar a reprodución musical en Spotify) e cos seus 3 micrófonos
integrados e a unidade de captación de voz tamén coida especialmente a calidade
das chamadas de voz.
A baterÃa dos auriculares é de 60 mAh, o que permite até 8 horas de reprodución
musical (ampliables até 29 horas co estoxo de carga), autonomÃa que cae até as
6 horas de reprodución coa cancelación de ruÃdo activa. Contan con resistencia
á auga IPX2 e Bluetooth 5.0; e o seu prezo de venda é de 199 euros (en contraste cos 279 euros dos AirPods Pro cos que buscan compararse), chegando ao
mercado español o vindeiro dÃa 21.
VÃdeo promocional dos Galaxy Buds Live