Os auriculares Galaxy Buds3 chegan con deseño renovado e apostando pola IA

mércores, 10 de xullo do 2024 Marcus Fernández

Coa potencia de Galaxy AI, a serie Galaxy Buds3 ofrece unha nova experiencia de comunicación. Ao asistir a unha clase nun idioma estranxeiro, pódese activar o Intérprete escoitar a clase traducida directamente a través dos auriculares Galaxy Buds, eliminando as barreiras lingüísticas que poidan existir nos estudos. Ademais, con só dicir dúas palabras a través de Comandos de voz pódense controlar funcións como reproducir ou deter a música sen necesidade de tocar manualmente os auriculares ou o teléfono. O son tamén se pode optimizar de forma intelixente, independentemente de como se leven os Galaxy Buds. Os micrófonos da serie Galaxy Buds3 analizan o son interno e externo en tempo real para mellorar a calidade do son e da cancelación activa do ruído (ANC) mediante Adaptive EQ e Adaptive ANC. E ao estar escoitando música, os auriculares sen fíos Galaxy Buds3 Pro recollerán e identificarán constantemente o son do entorno e axustarán automaticamente o nivel óptimo de ruído e son sen necesidade de axustes manuais mediante Control de Ruído Adaptativo, Detección de Sirena e Detección de Voz, todo para unha maior comodidade.
Baseándose nunha serie de datos estatísticos recompilados, a serie Galaxy Buds3 presenta un novo deseño compacto que ofrece un axuste cómodo. O deseño de alta calidade do bastón do auricular tamén se dirixe aos consumidores aos que lles importa o deseño cun estilo ultra elegante e moderno complementado coas Blade Lights. Este novo deseño (que pode lembrarnos ao auriculares de Apple) permite unha experiencia física máis intuitiva ao poder controlar o dispositivo simplemente beliscando ou deslizando cara arriba ou cara abaixo, ofrecendo así comodidade e estética ao mesmo tempo. Galaxy Buds3 e Buds3 Pro ofrecen dúas opcións de deseño. Os Buds3 Pro son de tipo canal (pechados) para quen busca un son envolvente, mentres que os Buds3 son de tipo aberto para quen prefire utilizar o dispositivo en diversas situacións durante un longo período de tempo.
Para ofrecer unha experiencia de audio de primeira calidade, os Galaxy Buds3 Pro están equipados con hardware avanzado, incluíndo altofalantes mellorados de 2 vías con tweeter plano para unha produción de son de alta gama sofisticada e precisa, e amplificadores dobres para unha experiencia de son nítida en calquera lugar. E agora, grazas ao audio de Ultra Alta Calidade que admite unha frecuencia de mostraxe duplicada con códec SSC, pode escoitar calquera fonte de audio de alta resolución tal e como foi concibida e gozar de cada son cun detalle soberbio. Este nivel de calidade de son esténdese tamén ás chamadas telefónicas. Cun modelo preadestrado baseado en aprendizaxe automática, a serie Galaxy Buds3 é agora capaz de restaurar a voz orixinal do interlocutor en diversos contornos ruidosos, ao tempo que proporciona unha chamada rica e natural (similar ás chamadas de alta calidade dos smartphones) coa función de chamada Super-Wideband.
Os Samsung Galaxy Buds3 saen oficialmente o vindeiro día 18 e o seu prezo de venda oficial é de 179 euros, mentres que a versión Pro teñen un prezo de 249 euros, estando dispoñibles ambos en cor branca ou gris.

Vídeo de presentación dos Galaxy Buds3 Pro

PUBLICIDADE