Os condutores de Vigo xa poden pagar a zona azul a través dos seus móbiles
luns, 18 de novembro do 2019
O
Concello de Vigo está a ampliar o abano de operacións e trámites
que a cidadanÃa pode facer a través do seu teléfono móbil. Este
luns puidemos saber que o Goberno municipal habilitou o pago da zona
azul dos estacionamentos de pago limitados a través dos dispositivos
dos condutores, unha vantaxe que os libera da necesidade de ter a
cantidade axeitada de diñeiro en efectivo ou un parquÃmetro situado
preto.
Esta
funcionalidade implementada pola concesionaria do aparcamento
regulado (zona XER) está dispoñÃbel na
aplicación Telpark, onde as usuarias e usuarios poderán recibir
alertas de caducidade ou localizar o vehÃculo con xeolocalización
(GPS), amais de ampliar o prazo de estacionamento.
Amais
da devandita novidade e como iniciativa complementaria, o alcalde
Abel Caballero avanzou hoxe a súa vontade de ampliar até as catro
horas o perÃodo máximo de estacionamento (de dúas horas neste
momento) para o que se procederá á modificación da ordenanza. Ao
citado, dixo, cómpre engadir a posibilidade de usar a tarxeta
Passvigo como medio de acceder ao servizo e a progresiva implantación
de 27 postes de recarga de vehÃculos eléctricos. Caballero tamén
adiantou que os novos parquÃmetros disporán de recarga eléctrica
para dispositivos móbeis, amais de incluÃr un servizo de
información cidadá con temas ligados ao tráfico, entre outros.