Os creadores de contido terán máis doado facer cartos en Instagram
martes, 8 de xuño do 2021
Un dos piares para que as plataformas sociais manteñan o seu
pulo son os creadores de contido, que en moitas ocasións teñen tal actividade
como forma de vida, polo que facilitarlles conseguir ingresos resulta crucial,
o que leva a Instagram a preparar
novas ferramentas que axuden á venda de produtos e á súa publicidade a cambio
de comisións.
Unha das ferramentas máis importantes que están a preparar é a de afiliados
nativos, que permitirá que os creadores poidan axuden a descubrir produtos que
se vendan en Instagram, para recibir comisións das compras que se realicen a
través das súas ligazóns. Os creadores tamén poderán a súa conta persoal cunha
tenda nun perfil profesional; e tamén permitirán que os creadores poidan crear
tendas de seu con mercadotecnia que proverán distintas compañÃas (Bravado/UMG,
Fanjoy, Represente e Spring).
Polo momento estas funcionalidades están en probas nos EE.UU., pero só é
cuestión de tempo que cheguen ao resto do mundo, aÃnda que non son as únicas
ferramentas coas que contarán os creadores, que tamén poderán mellorar a súa
interacción cos seus seareiros a través de insignias e estrelas, elementos
virtuais que tradúcense en cartos, e que afectan principalmente aos directos.
Estas fórmulas de facer cartos en Instagram xa levan un tempo activas, pero
desta volta decidiron que os creadores que superen certos niveis de actividade
recibirán ingresos adicionais, ou sexa, que buscan incrementar o número de
horas de directos realizadas polos creadores, estratexia coa que parecen querer
competir con Twitch, plataforma que tamén esixe un grande volume de actividade para
que os creadores poidan recibir ingresos.
- Os creadores terán máis posibilidades para contar con tendas de seu e para promocionar produtos alleos a cambio de comisións de compra.