Os días 26 e 27 de agosto celébrase en Pontevedra unha nova edición do Lérez Up
luns, 14 de agosto do 2023
O
Recinto
Feiral de Pontevedra vai servir de escenario á segunda edición do
encontroLérez
Up, os
días 26 e 27 de agosto
no Recinto Feiral da cidade,
un acontecemento xuvenil, participativo e formativo que pon o foco na
confluencia entre videoxogos, xogos de mesa e cultura manga e anime,
entre outros estilos, formatos, linguas e disciplinas. O evento, co-organizado
polo Concello, ten para esta segunda edición o mellor dos
precedentes: o éxito da edición do pasado verán, no
que conseguiu xuntar a máis de 3.500 seareiras e seareiros do ámbito
gamer.
Podemos
consultar todo o relativo
ao encontro Lérez Up na súa web.
Participaron
na presentación, este luns 14 de agosto, o alcalde
Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado da edil de Novas
tecnoloxías, Anabel Gulías, e as portavoces da asociación Gaming
Troop, organizadora principal do evento (Rocío Fernández e Sonia
Piñeiro).
No programa destacan os torneos (por exemplo os do
League of Legends, Smash Bros ou Valorant) e desafíos
arredor de Tekken 7, Switch Sports, Mario Strikers, Street
Fighter 6 ou Teamfight
Tactics, entre
outros. Tamén haberá un concurso Cosplay,
no que se vai distinguir a máis meritoria caracterización
dun personaxe, tendo en conta a súa actuación, vestimenta e
representación. No programa tamén cómpre salientar os máis de 60
postos de creadores do mundo gamer. unha zona indie na
que se fará promoción de novos videoxogos desenvolvidos por estudos
non maioritarios e unha axenda de charlas sobre temáticas diversas
na que participarán artistas como Paula Cheshire, Victor Develops,
Luzbel ou AngryYuna.