Os dispositivos Fire TV integran canles de televisión en directo na súa interface

xoves, 19 de novembro do 2020 Marcus Fernández

Os dispositivos de Amazon destinados a dotar funcionalidades de Smart TV a pantallas con entrada HDMI están a recibir unha novidade moi interesante que consiste na integración das funcionalidades de televisión en directo dentro do propio menú principal do sistema, axilizando así o seu acceso.
Os usuarios poden agora ir á sección de TV en directo dentro do menú de configuración para xestionar as canles que quere poder ver en directo sen ter que pasar pola súa aplicación correspondente, o que actualmente aplícase para as aplicacións de RTVE e Atresmedia, e confíase que en breve tamén poida gozar de tal funcionalidade Pluto TV (plataforma de televisión de balde que curiosamente si pode integrarse con versións anteriores do software dos Fire TV).
As canles en directo agrúpanse na categoría de Estás viendo, e no caso das canles de RTVE (ao igual que con Pluto TV nos dispositivos co software sen actualizar) o seu funcionamento resulta moi natural, xa que accédese aos contidos ao instante, de xeito que os dispositivos Fire TV convértense en auténticos receptores de televisión, aínda que no caso das canles de Atresmedia a experiencia é claramente deficiente, xa que esta funcionalidade destinada para ser un atallo atopa como barreira un pre-roll con 3 anuncios consecutivos, de xeito que a percepción do usuario distaría moito da que tería nun televisor tradicional. Este funcionamento dos contidos de Atresmedia ten sentido cos contidos baixo demanda, pero coas canles en directo, que xa conteñen publicidade que non pode saltarse, non parece lóxico que manteñan tal barreira.
Coa incorporación das canles en directo a Fire TV en España o que temos realmente é unha mellor integración das aplicacións de televisión, que no futuro aproveitarase para promover os seus contidos de distinto xeito, de xeito que poderemos ver como o menú do Fire TV recomenda seguir un programa informativo ou unha retransmisión deportiva en función da información que acheguen as aplicacións que se integren, que prometen ir en aumento nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE