Os dominio .gal celebran o 25 de xullo con descontos

xoves, 13 de xullo do 2017 Redacción

A Asociación PuntoGal celebra este ano o Día de Galicia cun desconto para os novos dominios, que poderán adquirirse por un prezo máximo de 25 euros máis IVE nos rexistradores acollidos a esta promoción, desenvolvéndose esta campaña entre os días 14 e 31 de xullo.
Durante esas dúas semanas os dominios .gal terán o prezo rebaixado para os rexistros novos, co que búscase favorecer o número de dominios baixo o sufixo galego (que veñen de superar os 4.100), sendo os rexistradores acollidos a esta promoción os seguintes: Arsys, CDmon, Dinahosting, Entorno Digital, Nominalia, Host Europe e OVH. A información completa sobre esta acción pode atoparse na páxina web do dominio .gal.
A promoción acompáñase, nesta ocasión, da creatividade desenvolvida especialmente para o dominio por Rei Zentolo, socios de PuntoGal, co gallo do primeiro aniversario do dominio, en 2015. O deseño, que se publicará tanto na web como nas redes sociais, é unha homenaxe á revista Nós realizada con imaxes de inspiración tecnolóxica.

PUBLICIDADE