Os dominios .gal poderanse adquirir por 5 euros até o 11 de outubro
luns, 25 de setembro do 2023
Co gallo da
celebración do DÃa Europeo das Linguas este mesmo martes os rexistradores dos
nomes de dominio da Internet .gal, .cat, .eus e .barcelona lanzan unha
promoción conxunta para que calquera interesado poida facerse cun dominio correspondente
á súa lingua a
un prezo máximo de 5 euros + IVE, estando esta promoción dispoñible até o
11 de outubro.
Os interesados que queiran facerse cun dominio .gal ao prezo da promoción poden
acudir aos rexistradores Dinahosting, OpenProvider, Blacknight, cdmon, Netim,
Arsys, OVH, Nominacia, Don Dominio, Gandi, Entorno e INWX.
No caso dos dominios para a sociedade e a cultura galegas, os .gal, podemos
salientar que actualmente hai uns 6.900 dominios rexistrados. Deste xeito, as
entidades que queiran dirixirse á cidadanÃa galega teñen un vehÃculo máis
acaÃdo que dominios xenéricos. Os dominios .gal axudan asà a mellorar a
visibilidade da nosas lingua e cultura na Rede, á vez que serven de indicador
do compromiso das distintas iniciativas coa nosa sociedade.