Os dominios .gal suben ao carro do Black Friday

martes, 21 de novembro do 2017 Marcus Fernández

A celebración do venres negro hai tempo que deixou de ser un fenómeno norteamericano, e xa pode considerarse un evento global, ao que este ano súmase a Asociación PuntoGal, o que permitirá que os interesados en facerse cun nome de dominio da Internet co sufixo .gal poida contratalo a través dos rexistradores acollidos á esta promoción (Dinahosting, Entorno Digital, CoreHub, CDmon, Nominalia e Arsys) a un prezo de só 5 euros máis IVE entre os días 24 e 27 de novembro (Black Friday e Cyber Monday respectivamente).
Cómpre salientar que no caso do rexistrador galego Dinahosting será posible combinar o dominio a prezo reducido cun desconto importante na contratación de hospedaxes web e outros servizos dedicados.
O dominio .gal conta actualmente con máis de 4.200 dominios rexistrados e esta será a súa derradeira promoción do ano para fomentar o rexistro de dominios que contribúan a que a nosa lingua e sociedade teñan unha mellor presenza na Rede.

PUBLICIDADE