Os dos primeiros xogos de Max Payne terán remake

mércores, 6 de abril do 2022 Marcus Fernández

Remedy Entertainment chegou a un acordo con Rockstar Games para desenvolver remakes dos icónicos xogos Max Payne e Max Payne 2: The Fall of Max Payne, de xeito que teremos de volta os xogos con atmosfera neo-noir que puxeron de moda as secuencias de disparos en tempo bala.
Estes xogos de 2001 e 2003 deixaron unha fonda pegada, para continuar no magnífico Max Payne 3, que graficamente ofrece unha experiencia notablemente superior, de aí que sexa moi de agradecer que vaian refacer os xogos orixinais para poder gozalos dignamente en equipos modernos. Dende Remedy aseguran que este xogo para PC, PlayStation 5 e Xbox Series X|S desenvolverase co motor propio Northlight, contando co financiamento de Rockstar Games, compañía que se encargará da publicación destes títulos que aínda están nas primeiras etapas do seu desenvolvemento.

JPEG - 174.8 KB
Os primeiros xogos de Max Payne crearon escola, aínda que o tempo non os tratou ben, de aí que sexa de agradecer que preparen os seus remakes

PUBLICIDADE