Os editores preparan unha plataforma de contidos dixitais en galego
mércores, 21 de setembro do 2011
- Manuel Bragado na XIV Feira do Libro de Monforte
Esta semana o
Diario de Arousa publicou unha entrevista a Manuel Bragado, director de
Edicións Xerais e presidente da Asociación Galega de Editores, na que comenta
os cambios no sector editorial e o seu compromiso coa lingua galega, o que
levou a que en 2009 se publicaran máis de 4.000 volumes en galego e unha
facturación de 22 millóns de euros. Pero ese bo momento non está a manterse no
tempo, e tanto a conxuntura económica actuais como a revolución dos novos
soportes están a ter repercusións das que o sector non é alleo, de aà que
Bragado asegure que estes novos retos obriguen a «un
proceso de reconversión moi profundo, que afecta tanto á creación editorial
como ás canles de distribución e promoción».
Nesta liña, Bragado adianta que nas vindeiras semanas os editores abrirán unha
plataforma de contidos dixitais en lingua galega, o que promete ser unha aposta
de máis calado que a tÃmida entrada de Xerais no libro dixital (actualmente o seu catálogo de
e-books limÃtase a 4 obras, moi lonxe dos 50 tÃtulos que
prometeran hai un par de anos).
O que si parece claro é que os rumores
que apuntan ao perigo de peche de Edicións Xerais non teñen ningunha
xustificación (tal
e como confirmou o seu director), e a editora continúa con forza,
adaptándose aos cambios do sector e continuando a traballar co seu demostrado
compromiso coa nosa lingua.