Os empresarios de Ferrolterra organizan o 24 de xaneiro unha xornada de iniciación ao comercio electrónico

venres, 19 de xaneiro do 2024 S. P.

A Asociación de Empresarios Ferrolterra, en colaboración con Manufactura da Internet, organiza o vindeiro 24 de xaneiro unha charla centrada na transformación tecnolóxica en materia comunicativa. Trátase da charla Como iniciarse en comercio electrónica, cuxo obxectivo é presentar aos asistentes varias fórmulas para iniciarse no ecommerce, as vantaxes e inconvenientes de cada fórmula ou servizo, os seus custos aproximados e os tempos de retorno esperado.
A sesión está dirixida a profesionais, empresarios e público en xeral con coñecementos de informática básica, Internet a nivel usuario e sen experiencia ou con moi pouca en comercio electrónico. A xornada desenvolverase de 10.00 a 11.00 na sede da Asociación de Empresarios Ferrolterra. O relator será o experto en novas ferramentas de comunicación Miguel Angel López. Para finalizar abrirase unha rolda de preguntas. Para asistir, é imprescindíbel realizar inscrición en info@empresarios-ferrolterra.org. Información en 981 333 305 e en www.empresarios-ferrolterra.org.

PUBLICIDADE