Os empresarios de Rianxo e a firma Triwus dan un novo impulso á plataforma Mercarianxo

mércores, 13 de outubro do 2021 S. P.

A Asociación Rianxeira de Empresarios mantivo os días pasados unha xuntanza virtual co equipo técnico da empresa boirense Triwus, Creación web e comunicación creativa para tratar novas ideas con vistas a impulsar, optimizar e rendibilizar a plataforma local de comercio electrónico Mercarianxo.
Entre outras cuestións, abordáronse novos xeitos de optimizar e facer seguimento da web en probas (unha páxina dinámica que se enriquece cada pouco de novas incorporacións, servizos, produtos e ferramentas) para facilitar a subida de produtos á mercarianxo.gal por parte dos vendedores e, tamén, para impulsar a realización de actividades e actuacións destinadas a captar novos vendedores e chegar a un maior número de clientes.
A ARE lembrou a plataforma está a disposición de tódolos negocios locais e consta de 3 seccións diferenciadas: un marketplace con gasto de envío gratis, un directorio de negocios e unha sección de hostalería na que os establecementos rianxeiros poden ofrecer unha carta virtual aos seus clientes así como os servizos de envío a domicilio ou recollida no propio local.

PUBLICIDADE