Os futuros Mac Pro están a ser redeseñados dende cero

martes, 4 de abril do 2017 Marcus Fernández

Phil Schiller e Craig Federighi son dous dos máximos responsables de Apple que estiveron presentes na xuntanza cun grupo reducido de xornalistas para falar do futuro dos Mac Pro

No ano 2013 Apple presentou un revolucionario ordenador de sobremesa de elevada potencia, ou sexa, unha estación de traballo, que sorprendía por, en vez de adoptar un tamaño enorme e un deseño modular, ía xusto na liña contraria, quedando comprimido nun pequeno equipo de forma cilíndrica que converteuse en todo un obxecto de deseño para moitos, pero que co paso dos anos o Mac Pro pasou a ser unha enorme mancha no historial de Apple, por ser un equipo que carece de postas ao día, de xeito que pode conseguir unha maior potencia con ordenadores iMac, de xeito que quedarían invalidados para o uso ao que van dirixidos (edición de vídeo, deseño industrial...).
En vista desta situación Apple fixo algo moi pouco habitual: convocou a un pequeno grupo de xornalistas especializados para anunciar os plans para os seus equipos de escritorio, ou sexa, desvelar que o Mac Pro non é un proxecto morto, ou sexa, que Apple non vai abandonar aos usuarios profesionais, pero a renovación destes equipos farase esperar, xa que o deseño actual ten serias limitacións que non se axustan as demandas reais dos usuarios, polo que están a traballar intensamente no desenvolvemento de novos Mac Pro que estarían deseñados dende cero e terían un esquema modular, contando tamén cunha pantalla profesional á súa altura, o que faría que este produto non estivese listo para a súa comercialización até 2018 (nas previsións máis optimistas).
O que si acontecerá antes é a renovación dos iMac, que levaban varios anos estancados, polo que consideran necesario actualizalos principalmente para que os maqueiros non se sintan abandonados, pois está claro que cada vez Apple destina menos atención aos Mac, xa que o seu principal negocio está nos smartphones, que son a locomotora da empresa. Iso si, o que parecen deixar claro é que os novos iMac non irán na liña do Surface Studio de Microsoft, por moi atractivo que resulte este formato para moitos profesionais do deseño gráfico e outras actividades creativas.

PUBLICIDADE