Os futuros Mac mini dirÃan adeus aos portos USB-A
luns, 2 de setembro do 2024
- Os actuais Mac mini sorprendÃan polas súas grandes dimensións, xa que o seu interior está case baleiro, xa que a súa placa actual ten un tamaño moi compacto
A unha semana da nova presentación de Apple, na que presentarán o novo iPhone, dispáranse as informacións sobre outros produtos que poderÃan presentar na mesma data, suxerindo que os equipos informáticos con procesadores M4 poderÃan quedar para unha presentación posterior, distanciando asà os lanzamentos, de xeito que en novembro chegarÃan ao mercado varios modelos novos de MacBook Pro e un Mac mini redeseñado.
O novo Mac mini é o produto que está a provocar máis expectación, xa que dende a adopción dos procesadores Apple Silicon o público esperaba unha renovación do seu deseño, pois resultaba moi rechamante que mantivese unha carcasa propia dun procesador Intel, con moitÃsimo espazo baleiro no seu interior.
Actualmente os Mac mini teñen unhas dimensións de 19,7 x 19,7 x 3,58 centÃmetros, e o máis probable é que os novos equipos teñan unhas dimensións semellantes ás do Apple TV 4K (9,3 x 9,3 x 3,1 centÃmetros), pero as últimas filtracións realizadas por Mark Gurman a través de Bloomberg, son moi interesantes por un detalle moi propio da compañÃa da mazá: os novos Mac mini contarÃan con conectores USB-C pero prescindirÃan dos USB-A.
Os portos USB-A están aÃnda moi presentes en ordenadores de sobremesa e portátiles por motivos de compatibilidade, para asà poder seguir a empregar accesorios que non sexan moi recentes, polo que a súa erradicación no Mac mini é un paso decisivo para acelerar a desaparición dos vellos conectores (e probablemente anticiparÃan a desaparición dos portos USB-A do Mac Pro e o Mac Studio).
Tamén comentan que o redeseño do Mac mini incluirÃa versións con procesador M4 Pro (polo que o tamaño poderÃa non ser tan compacto como o do Apple TV) e tal versión contarÃa con 3 portos USB-C traseiros e 2 frontais, mantendo conector para auriculares, saÃda HDMI, conector Ethernet e fonte de alimentación interna.
Outro comentario interesante é que por fin se superarÃan os 8 GB de memoria RAM como mÃnimo, pasándose a 12 ou 16 GB, en grande medida para facilitar o traballo con Apple Intelligence no futuro.