Os galegos Fernando Suárez e Juan Otero, na directiva do consello estatal de Enxeñaría en Informática

luns, 24 de novembro do 2014 Redacción

JPEG - 30.5 KB
Juan Otero, vicesecretario do consello xeral

O equivalente estatal ao noso CPEIG, o CCII (Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática), vén de celebrar dúas asembleas extraordinarias nas que se acordou, entre outras cousas, anovar a xunta de goberno, que é o máximo órgano de representación da entidade. Como resultado das asembleas, Juan Pablo Peñarrubia, presidente co colexio valenciano, resultou elixido presidente do CCII por unanimidade. Dous membros do CPEIG acompáñano agora nos labores de dirección do Consello.
Por unha banda o ourensán Juan Otero, vicepresidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e desde esta fin de semana vicesecretario do CCII; e pola outra o ferrolán Fernando Suárez Lorenzo, presidente do colexio galego e vicepresidente primeiro do consello de ámbito nacional.
Peñarrubia agradeceulle ao presidente saínte, Jacinto Canales, “o traballo realizado até o de agora” e apostou por continuar a liña de reivindicación da regulación da profesión e de recoñecemento da enxeñaría informática da anterior xunta de goberno.

JPEG - 109.7 KB
O ferrolán Fernando Suárez, a partir de agora vicepresidente do CCII

PUBLICIDADE