Os galegos que residan no estranxeiro e visiten Galicia xa poden acceder á tarxeta sanitaria dixital da Xunta
venres, 12 de xullo do 2024
A Xunta pon desde hoxe a tarxeta sanitaria Galicia Saúde Exterior Virtual á disposición de galegos de orixe ou ascendencia que, residindo no estranxeiro, realicen estadÃas temporais en Galicia e teñan dereito á asistencia sanitaria a través da tarxeta Galicia Saúde Exterior. Deste xeito, os interesados poden realizar a súa descarga a través da app Sergas Móbil.
A través desta iniciativa, canda usuario disporá da súa tarxeta sanitaria almacenada dentro da aplicación móbil e será equivalente á tarxeta fÃsica. AsÃ, poderá efectuar as xestións necesarias no Servizo Galego de Saúde e nas farmacias.
Esta medida foi impulsada pola ConsellerÃa de Sanidade, en colaboración coa SecretarÃa Xeral da Emigración, dependente da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración, formando parte da Estratexia de Turismo de Galicia 2030 e contribúe a desburocratizar os servizos da Administración galega para a cidadanÃa.
