Os gatos tamén xogan... ¡co iPad!
luns, 20 de xuño do 2011
- Cat Fishing consiste en atrapar aos peixes segundo van saíndo á superficie
Os tablets son os
dispositivos de moda, tanto para o consumo de contidos como para o lecer, pero dende
Friskies entenden que non só os humanos temos dereito a xogar co iPad, e así
estrearon a páxina web Games for Cats na
que inclúen 3 xogos en HTML5/CSS3 para que poidan gozarse no iPad e en tablets
con Android directamente dende o navegador, de xeito que os michiños poidan
enredar coas cores o movemento e a
mecánica de xogo destas webapps desenvolvidas para eles.
Os xogos que publica Friskies na súa interesante web son Cat Fishing, Tasty
Treasures Hunt e Party Mix-Up!, e son tan sinxelos como perseguir as distintas
figuras que aparecen na pantalla do tablet, o que realmente parece funcionar
coas pequenas mascotas, como demostran no seguinte vídeo: