Os iMac incorporan procesadores M3
martes, 31 de outubro do 2023
A presentación
da nova familia de procesadores M3 estaba claramente asociada a novos
equipos informáticos da compañÃa da mazá, sendo a máis agardada a do iMac con pantalla de 24 polgadas, que
sorprende por estrear modelos con procesador M3 sen ter pasado por un
procesador M2, polo que a mellora con respecto aos anteriores iMac é notable.
Estamos ante uns novos iMac que practicamente non tiveron cambios máis aló do
salto de procesador, que pasa dun M1 a un M3, pois seguen a ter unha excelente
pantalla Retina 4,5K de 24 polgadas, bos altofalantes e micrófonos e incluso un
detalle bastante desagradable: o Magic Mouse e o Magic Keyboard non se
actualizaron, de xeito que para recargar as súas baterÃas hai que empregar un
adaptador de USB-C a Lightning (o que será unha molestia a longo prazo).
Estes equipos chegarán ao mercado o vindeiro dÃa 7 con CPU de 8 núcleos, GPU de
8/10 núcleos, entre 8 e 24 GB de memoria unificada e entre 256 GB e 2 TB de almacenamento interno, quedando o seu
prezo entre os 1.619 euros de partida e os 3.229 euros do modelo máis completo.
O rango de prezos destes equipos está a ser moi criticado, pois Apple está a
cobrar a ampliación de 512 GB de SSD a 2 TB de SSD a 690 euros, cando unha
unidade SSD de 2 TB de alta velocidade custa actualmente pouco máis de 100
euros, polo que a sensación de que estamos ante un abuso por parte da compañÃa
de Cupertino é inevitable.
- Os iMac seguen a apostar por un deseño atractivo e colorido