Os iPhone 14, 14 Plus e SE deixarán de venderse en Europa a semana que vén
venres, 20 de decembro do 2024
Hai un par de anos aprobouse a obrigatoriedade de que todos os smartphones que se vendesen en territorio comunitario cargasen mediante USB-C, dando un par de anos de marxe para tal transición, e agora que remata o prazo dende Apple están a prepararse para eliminar das súas tendas os dispositivos que aÃnda cargan mediante conector Lightning, que actualmente serÃan o iPhone SE de terceira xeración, o iPhone 14 e o iPhone 14 Plus.
Curiosamente a primeira tenda en liña de Apple que retirou da venda os iPhone con Lightning foi a de SuÃza, e comentan que os móbiles afectados pola prohibición de comercialización desaparecerÃan do recto de tendas fÃsicas e en liña de Apple o vindeiro dÃa 28.
AÃnda que os iPhone 14 xa teñen sucesores no mercado que contan con porto USB-C, no caso do iPhone SE estamos ante unha situación sen precedente, pois retÃrase da venda un modelo de iPhone que aÃnda non ten unha versión renovada, polo que confÃase que no primeiro trimestre de 2025 Apple lance unha versión renovada do iPhone SE, para asà poder manter este tipo de dispositivo no mercado europeo.