Os iPhone máis caros foron os móbiles máis vendidos na primeira metade do ano
martes, 29 de agosto do 2023
Os analistas de
Omdia veñen de publicar a listaxe
dos 10 smartphones con máis unidades no mercado durante a primeira metade do
ano, dando conta dunha caÃda nas vendas nos móbiles de gama media e baixa,
mentres que se incrementa o mercado de móbiles de segunda man. Curiosamente a
gama alta non se ve afectada pola recesión económica, e mantén a súa forza,
dominando este tipo de dispositivos varios modelos de iPhone, que consegue
ocupar os 4 primeiros postos da listaxe, mentres que o único gama alta de Samsung
reflectido, o Galaxy S23 Ultra, queda nunha 6ª posición.
Resulta máis que salientable que a metade dos móbiles máis vendidos na primeira
metade do ano sexan de Samsung, xa que o ano pasado Xiaomi conseguira facerse
con 2 posicións grazas á súa marca económica (Redmi), dando a entender que o
fabricante surcoreano soubo mellorar a súa oferta de gama media e baixa para
conseguir frear ao fabricante chinés.
Un detalle moi importante da listaxe deste ano é que está dominada polo iPhone
14 Pro Max (con 26,5 millóns de unidades) e o iPhone 14 Pro (21 millóns de
unidades), mentres que o iPhone 14 e o iPhone 13 quedan con 16,5 e 15,5 millóns
de unidades respectivamente, o que parece ser consecuencia da estratexia de
Apple de que as grandes novidades da nova xeración de móbiles chegue só aos
modelos Pro e, en consecuencia, aÃnda que houbo unha caÃda en número de
unidades da familia de móbiles iPhone de cada ano, ao trasladarse as vendas aos
modelos máis caros Apple compensarÃa sobradamente a tendencia baixista do
mercado global.
- Táboa cos móbiles máis vendidos na primeira metade de 2023 e 2022