Os instrumentos musicais para Xbox 360 tamén serán compatibles entre si

mércores, 20 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Ante o anuncio de que Sony está a traballar para que os periféricos musicais da PlayStation 3 sexan compatibles con todos os seus xogos, Microsoft non quedou calada, e Chris Paladino asegurou que a Xbox 360 tamén está a moverse na mesma dirección, de xeito que os instrumentos para Rock Band 2, Guitar Hero: World Tour e Rock Revolution serán compatibles entre si na consola de Microsoft, polo que os usuarios poderán estar tranquilos ao adquirir este tipo de periféricos, pois non terán que mercar guitarras ou baterías distintas para cada familia de xogos.
Nun principio falamos dos instrumentos e non dos micrófonos porque está por chegar para Xbox 360 o xogo Lips, do que aínda non se sabe se será compatible cos xogos roqueiros. O que si parece claro é que os micrófonos de Rock Band non funcionarían baixo Lips, xa que o xogo de karaoke de Microsoft incorpora sensores de movemento e vúmetro (características avanzadas das que carecen o resto de micros á venda).

PUBLICIDADE