Os localizadores de Pebblebee poden empregarse a xeito de botón de pánico
luns, 14 de xullo do 2025
No mercado hai numerosos dispositivos rastrexables que podemos colocar coas chaves, a roupa, a mochila ou outros elementos que teñamos medo de perder, para facilitar a súa localización, e un destes, o Clip Universal de Pebblebee, compatible coas redes de localización de Apple e Google e cunha baterÃa recargable por USB-C que achega unha autonomÃa de ata 12 meses, vén de sorprender cunha nova función que pode abrirlle a porta a novos públicos: Alert.
A nova funcionalidade, que chega a través dunha actualización de balde, converte o localizador Clip nunha ferramenta de seguridade persoal, de xeito que, se o prememos varias veces seguidas actÃvase un modo de emerxencia que emite unha alarma sonora de 97 decibeles e unha luz intermitente durante ata un minuto, alertando asà a persoas que haxa na proximidade. A alerta tamén dispara nunha notificación aos contactos de confianza que teñamos definido.
Cómpre salientar que dispositivos da marca Tile ofrecen dende o pasado setembro a función de enviar mensaxes de alerta aos contactos, polo que semella que este tipo de prestacións poden converterse en todo un estándar, aÃnda que a solución de Pebblebee destaca polo carácter disuasorio de cara a agresións, asà como tamén facilita a localización dunha persoa en diversas situacións (ao combinar sinais sonoros e luminosos).
Os localizadores de Pebblebee teñen un prezo de 36,95 euros para unidades soltas, con descontos nos lotes de 2 e 4 localizadores.
