Os maiores e a rapazada da Guarda fórmanse este verán en novas ferramentas

martes, 26 de agosto do 2025 S. P.

A Aula CeMIT da Guarda está acollendo durante todo o verán cursos de informática para nenos e nenos totalmente de balde. Nestes cursos, inícianse en ferramentas tecnolóxicas, que, segundo explicou o Concello, “son básicas e imprescindibles a día de hoxe para o seu desempeño na escola”.
En concreto, dende o mes de xullo e ata o comezo das clases as rapazas e rapaces están a aprender o manexo do computador como ferramenta de utilidade para a súa vida escolar, mecanografía, edición de textos, realización de presentacións e actividades…
Ademais, tamén se imparten cursos para as persoas adultas, centrándose no manexo do ordenador e Internet e na edición de textos e mecanografía, pero tamén no manexo do teléfono móbil.
Os cursos son gratuítos e comezaron o 14 de xullo e estenderanse ata o 12 de setembro. Todas as actividaes impartiranse na Aula CeMIT do Centro Cultural.