Os mandos de Xbox Series X/S funcionarán en iOS
venres, 20 de novembro do 2020
Nos últimos anos os mandos de Xbox convertéronse practicamente
nun estándar para xogar en PC, tras a incorporación de conectividade Bluetooth,
tamén en moitos dispositivos móbiles, pero coas Xbox Series X/S, dispoñibles
dende a semana pasada, chegou un novo
mando sen fÃos, que presume de ser compatible con Xbox Series X/S, Xbox
One, PC e Android, engadindo como anotación que en breve será compatible con
iOS, promesa que confirma a
páxina web de soporte de Apple, onde aseguran que «Microsoft e Apple
traballan estreitamente para ofrecer aos seus clientes compatibilidade co mando
Xbox Series X nunha futura actualización».
Temos asà unha grande nova para os usuarios de iPhone e iPad, que poderán
utilizar en breve o que posiblemente é o mellor mando para xogos do mercado
dentro da gama de consumo, que ten un prezo bastante axustado (59,99 euros), ten
un tamaño máis compacto que o mando de Xbox One, incorpora unha cruceta dixital
baseada no mando Elite para Xbox One, os seus gatillos teñen textura e os
botóns de compartir melloraron a súa ergonomÃa.
Que este mando vaia poder operar directamente en equipos de Apple é unha magnÃfica
nova agora que o servizo de xogo na nube GeForce Now está dispoñible en iOS a
través de Safari, vÃa pola que tamén chegará Stadia en breve. Tamén é bastante
probable que Project xCloud atope un oco en iOS, de xeito que os xogos de PC e
consola que tradicionalmente xa se podÃan manexar con mandos de Xbox, poderán
manter o mesmo accesorio para o seu control en dispositivos móbiles, o que
supón unha experiencia moi satisfactoria para os usuarios.
Cómpre lembrar que, aÃnda que a conectividade Bluetooth permite ter separados
os dispositivos con IOS e o mando de Xbox a certa distancia, existen accesorios
que permiten soster un smartphone sobre o mando de Xbox, converténdose asÃ
nunha especie de consola portátil, o que para moitos é o xeito definitivo de
xogar en mobilidade.
Polo momento descoñécese se os mandos DualSense de PlayStation 5 contarán con
tantas facilidades para o xogo en distintos dispositivos.
