Os mapas de Google permitirán a navegación en realidade aumentada

xoves, 8 de agosto do 2019 Marcus Fernández

No verán dispárase o uso da aplicación de mapas de Google, que resulta de grande utilidade para a planificación de viaxes, non só a xeito de mapa, senón tamén grazas ao seu apartado de Tus Sitios -> Próximos, onde recóllense incluso as reservas de hotel, ou tamén co historial de ubicacións (que facilita facer un repaso dos lugares visitados para así poder facer recomendacións ao retorno).
Pero unha funcionalidade que leva en probas dende hai varios meses vai comezar o seu espallamento esta semana, o para moitos resultará de grande utilidade, xa que consiste en que, cando empreguemos o smartphone a xeito de navegador GPS a pé, poderemos colocar o móbil en vertical para que mude a un modo de realidade aumentada, para amosarnos as indicacións sobre as imaxes que capte a cámara do teléfono, o que resulta especialmente práctico cando nos movemos en lugares que descoñecemos e nos que resulta difícil orientarnos ou cando, por exemplo, saímos dunha estación de metro e non temos referencias para saber como movernos no mapa. Esta nova funcionalidade coñécese como Live View, e inicialmente era exclusiva de smartphones Pixel, pero a súa nova beta comezará a chegar a dispositivos Android e iOS que soporten ARCore ou ARKit.

PUBLICIDADE