Os micrófonos sen fÃos de RØDE engaden gravación en 32 bits en coma flotante
martes, 22 de agosto do 2023
O sistema de
microfonÃa sen fÃos RØDE Wireless GO supuxo toda unha revolución para moitos
creadores de contidos ao converterse nunha solución cómoda, fiable e económica de
microfonÃa libra de cables, fórmula que mellorou cos RØDE
Wireless GO II (que incluÃan 2 emisores e un receptor, polo que eran ideais
para entrevistas) e incluso cos RØDE
Wireless ME (cun único emisor, pero cun micrófono adicional no receptor).
Agora RØDE leva esta proposta a un nivel superior cos RØDE Wireless PRO, que
son moi semellantes aos Wireless GO II por contar con 2 receptores e un emisor,
pero que ao gravar o audio de 32 bits en coma flotante consegue librar as
gravacións de fallos por culpa de sons demasiado altos ou baixos, xa que
rexistra un amplo rango dinámico.
Estes novos micrófonos sen fÃos tamén inclúen un sistema avanzado que rexistra
o código de tempo nas gravacións para facilitar a sincronización do audio en
post-produción; mellora a conectividade sen fÃos para poder operar até 260
metros de distancia; o seu receptor tamén permite empregar micrófono (de xeito
que terÃanse en total 3 canles de gravación); e pode adquirirse nun lote que
inclúe estoxo de carga, 2 micrófonos de solapa (os novos emisores tamén
integran un sistema para fixar con seguridade este tipo de micrófonos externos),
cables, pinza magnética para os dispositivos e unha funda para os accesorios.
Temos asà a que poderÃa ser a solución máis completa do mercado neste tipo de
dispositivos de son, que tanto conta con conectividade minijack para
dispositivos con audio analóxico (como as cámaras de vÃdeo) como a posibilidade
de funcionar por USB-C para poder empregado en móbiles, tabletas e mesmo en
ordenadores persoais (nos que o software de RØDE achega grandes vantaxes).
Cómpre lembrar que estes micrófonos sen fÃos, aparte de transmitir ao seu
receptor, tamén gardan unha copia do audio rexistrado nos seus 32 GB de
almacenamento interno (polo que poderÃan gardar máis de 40 horas de audio) o
que engade moita seguridade ás gravacións.
ConfÃase en que este novo produto saia á venda por 399 euros, o que parece un prezo
bastante axustando se temos en conta o completo que é o produto, e as posibilidades
que ten de cara a evitar que se estrague unha gravación por mor de non poder
predicir os niveis de volume que chegan a darse na práctica.
- O lote completo de accesorios dos micrófonos RØDE Wireless PRO aportan unha grande versatilidade por un prezo bastante axustado.
VÃdeo promocional do RØDE Wireless PRO