Os móbiles insignia de Xiaomi pasarán da versión 15 á 17 para compararse cos iPhone
luns, 15 de setembro do 2025
Como reacción á presentación dos novos iPhone 17, o director xeral de Xiaomi, Lei Jun, anunciou que a nova serie Xiaomi 17 verá a luz este mesmo mes, nun lanzamento que cualificou como o «maior da historia» da liña numérica da compañÃa (que saltará a versión 16 como declaración de intencións). O executivo destacou que a presentación adiántase un mes respecto á xeración anterior e supón «un cambio clave» para a marca.
A serie estará composta por tres modelos: Xiaomi 17, Xiaomi 17 Pro e Xiaomi 17 Pro Max, todos eles equipados coa nova plataforma móbil Snapdragon 8 de quinta xeración na súa versión máis avanzada. Segundo Lei Jun, o Xiaomi 17 converterase no «buque insignia estándar máis potente» que fabricou a compañÃa, con melloras en todos os apartados sen incrementar o prezo. Pola súa banda, os modelos Pro apostarán por un maior rendemento tecnolóxico e por reforzar a aposta na fotografÃa móbil: o 17 Pro estará enfocado nun formato compacto, mentres que o 17 Pro Max será o de maior tamaño e máis potente de Xiaomi.
Lei Jun fixo balance dos cinco anos da estratexia de gama alta da empresa, sinalando como referencia o iPhone de Apple. «Temos plena confianza en que a serie 17 poderá enfrontarse de ti a ti co iPhone», afirmou. O directivo lembrou que nos últimos cinco anos a compañÃa investiu máis de 100.000 millóns de iuanes en investigación e desenvolvemento e avanzou que, nos próximos cinco anos, a cifra duplicarase ata os 200.000 millóns.
O máximo responsable de Xiaomi subliñou tamén que a innovación non se limitará ao apartado técnico, senón que a compañÃa busca sorprender con propostas «novas e diferentes» para evitar que os smartphones se convertan en produtos rutineiros.
