Os móbiles para desenvolvedores de Firefox OS serán de fabricación española
martes, 22 de xaneiro do 2013
A compañÃa española Geeksphone, que xa colocara no
mercado dos smartphones baseados en Android, presentou hoxe en Madrid os primeiros
móbiles destinados aos desenvolvedores do futuro sistema Firefox OS, para o
que contan coa colaboración de Telefónica e da Mozilla Developer Network.
Estes novos terminais móbiles están pensados para probar as capacidades reais
de Firefox OS, para poder desenvolver as súas aplicacións e probalas nun
dispositivo real e non ter que basear o proceso unicamente en emuladores, o que
pode lembrar aos móbiles Nexus de Google, aÃnda que desta ocasión os
smartphones non estarán dispoñibles para usuarios finais.
- Os móbiles para desenvolvedores de Firefox OS estarán fabricados por Geeksphone
Os primeiros móbiles con Firefox OS fabricados por Geeksphone serán o Keon (con procesador
Qualcomm 7225A a 1 GHz, pantalla de 3,5 polgadas e cámara de 3 MpÃxeles) e o
Peak (con procesador Qualcomm 8225 de dobre núcleo a 1,2 GHz, pantalla de 4,3
polgadas e cámaras de 8 e 1,3 MpÃxeles), que poderán verse en vivo na vindeira
edición da Campus Party Brasil, que botará a andar o 28 de xaneiro. Estamos
ante uns móbiles cunhas prestacións bastante limitadas (512 Mb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno, procesadores propios dos móbiles con Android máis
baratos e baterÃas de só 1.580 e 1.800 mAh) polo que enténdese que entre as
virtudes que agardan para os móbiles que funcionarán con esta plataforma
baseada en HTML5 estará o seu prezo axustado.
Para promover o desenvolvemento de aplicacións para Firefox OS, o vindeiro 26
de xaneiro dende Firefox organizan en máis de 20 localizacións de todo o mundo
o Firefox
App Day, que no caso español
terá lugar en Madrid.