Os modos educativos de Assassin’s Creed ofrécense de balde

venres, 15 de maio do 2020 Marcus Fernández

As saga de xogos de Assassin’s Creed tivo sempre un grande valor educativo grazas á súa magnífica recreación de escenarios da antigüidade que poder explorar, polo que con Assassin’s Creed Origins decidiron publicar un modo Descubrimento que facilitaba o uso educativo de contidos do xogo, fuxindo así da súa violencia, o que repetirían o ano pasado con Assassin’s Creed Odyssey.
Para facer máis accesibles estes modos que permítennos explorar o Antigo Exipto e a Antiga Grecia, Ubisoft facilitou a súa compra independente a un prezo simbólico, pero estes días de confinamento van máis aló e decidiron ofrecer os modos Descubrimento de ambos xogos totalmente de balde até o 21 de maio.
Para poder gozar destes produtos chega con pasarse pola sección de ofertas de balde da páxina web de Ubisoft, podendo incorporar á nosa colección estas interesantes ferramentas educativas. Discovery Tour: Antiguo Egipto ofrécenos a posibilidade de explorar o Antigo Exipto sen combates e misións, podendo facer os percorridos en soidade ou acompañados por historiadores ou exiptólogos a través de 75 rutas históricas; mentres que Discovery Tour: Antigua Grecia achega 29 rexións da Antiga Grecia que poder explorar contando coa compaña de personaxes históricos e ficticios como Leónicas ou Heródoto, e podendo realizar visitas centradas en 5 temas: filosofía, cidades famosas, vida diaria, guerra e mitos. Sen dúbida un método moi atractivo para que a rapazada se achegue á historia de culturas que tiveron grande influencia na sociedade actual.

PUBLICIDADE