Os monitores conectados de Samsung estrea tecnoloxÃa QD-OLED
luns, 14 de xullo do 2025
Samsung Electronics anunciou hoxe a nova xeración da súa gama de monitores conectados, encabezada polo Smart Monitor M9 (M90SF), o primeiro da serie en incorporar tecnoloxÃa QD-OLED. Xunto a el chegan tamén os modelos actualizados Smart Monitor M8 (M80F) e M7 (M70F), que introducen melloras baseadas en intelixencia artificial e novas opcións de conectividade pensadas tanto para o traballo como para o entretemento.
O modelo M9 destaca por ser o primeiro da gama que integra un panel QD-OLED 4K de 32 polgadas, o que lle permite ofrecer negros máis profundos, cores máis vibrantes e un contraste elevado, ideal para tarefas de produtividade, consumo de contido e videoxogos. Incorpora a tecnoloxÃa Samsung OLED Safeguard+, un sistema de refrixeración propio que evita o sobrequecemento e prolonga a vida útil do panel, asà como unha pantalla que reduce os reflexos en contornas luminosas.
Este monitor inclúe funcións potenciadas por IA como AI Picture Optimizer, 4K AI Upscaling Pro e Active Voice Amplifier (AVA) Pro, que adaptan en tempo real a calidade da imaxe e o son segundo o tipo de contido e o ambiente.
O M9 tamén actúa como centro de entretemento: conta con acceso directo a plataformas de streaming, Samsung TV Plus e Samsung Gaming Hub, permitindo xogar na nube sen necesidade de consola ou PC. Cunha frecuencia de refresco de 165 Hz, tempo de resposta de 0,03 ms e compatibilidade con nVIDIA G-Sync, o monitor garante un rendemento fluÃdo para xogadores esixentes.
A nivel de deseño, aposta por unha estética metálica delgada e elegante, pensada para encaixar en calquera contorno profesional ou doméstico. Ademais, conta coa certificación Pantone Validated, que acredita a súa capacidade para reproducir con precisión máis de 2.100 cores e 110 tons de pel da biblioteca de Pantone.
M8 e M7: pantallas versátiles con IA e conectividade mellorada
Os modelos Smart Monitor M8 e M7 ofrecen pantallas UHD 4K de 32 polgadas cun panel VA mellorado, proporcionando imaxes nÃtidas e un alto contraste. Integran tamén funcións de IA como Click to Search e recomendacións personalizadas a través de Tizen OS Home.
Ademais de seren compatibles con SmartThings e Multi Control, estes monitores permiten dividir a pantalla con Multi View e traballar con Microsoft 365 directamente desde o monitor, sen necesidade dun ordenador.
Dispoñibilidade e soporte ampliado
O Smart Monitor M9 de 32 polgadas e o M7 de 32 e 43 polgadas estarán dispoñibles en España a partir do 21 de xullo. Samsung comprométese a ofrecer ata sete anos de actualizacións de One UI Tizen para esta gama, garantindo un soporte prolongado e o acceso continuado a novas funcionalidades.
