Os mozos usan máis o galego nas TIC que o resto da poboación

luns, 8 de agosto do 2011 Redacción

O móbil tamén permite o uso de xogos <em>tradicionais</em> en modo horizontalO informe Xuventude Galega 2010, que vén de presentar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar recolle que o 38,6% da mocidade de Galicia de entre 15 e 29 anos afirma utilizar a lingua galega, o que supón un incremento de preto de 6 puntos porcentuais na utilización do galego fronte dos usos lingüísticos recollidos nun estudo semellante elaborado en 2007.
O informe de Xuventude Galega 2010 baséase nun estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela a partir de 1.200 enquisas presenciais a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos.
Destaca que os mozos utilizan máis o galego no ámbito das TIC en comparación coa media da poboación galega. Así, segundo datos que desprende a enquisa do IGE de 2008, no tocante á lingua de preferencia para redactar mensaxes de móbil ou correos electrónicos, o 24,7% dos menores de 29 anos utiliza maioritariamente o galego (estando a media da poboación no 21,7%). No tocante á navegación pola Internet tamén se detecta unha tendencia semellante: o 17,3% da mocidade emprega preferentemente o galego, fronte ao 16,9% da poboación en xeral.

PUBLICIDADE