Os nosos concellos xa poden inscribirse no programa de nómades dixitais INECO RuralTIC
mércores, 13 de setembro do 2023
INECO
RuralTIC regresa aos pequenos municipios de España. A enxeñería
e consultoría do Ministerio de Transportes, Mobilidad e Axenda
Urbana, INECO, abriu o prazo para que concellos de menos de 10.000
habitantes poidan inscribirse neste programa que comezará a súa
segunda edición en novembro. Un dos obxectivos é permitir que
“todas as persoas residentes do mundo rural estean en disposición
de teletraballar”. Tamén se busca impulsar a dixitalización
social e económica das contornas non urbanas do ámbito estatal.
Para
este cometidos, INECO distribuirá os seus “nómades dixitais”
nos municipios seleccionados, onde desenvolverán tarefas de
dixitalización social e económica enfocadas aos habitantes e pemes
locais, á vez que seguirán a desenvolver o seu traballo diario en
remoto. “Así, ademais de demostrar que o teletraballo pode
converterse nunha poderosa ferramenta de dinamización do mundo
rural, os nómades dixitais póñense ao dispor do municipio para
contribuír a mellorar as necesidades relacionadas coa tecnoloxía”,
sinalan dende INECO.
Dixitalización
social e económica
INECO
RuralTIC baséase na dixitalización como “panca de transformación
social e económica”. Para este reto, a compañía tirará proveito
da súa longa experiencia no sector grazas a un equipo dedicado a
este ámbito de máis de 800 profesionais e a unha ampla actividade
de negocio.
O
primeiro eixo desta iniciativa consiste na dixitalización social,
con formación e apoio no uso das novas tecnoloxías aos habitantes
do medio rural, con especial foco na poboación maior. Así, os
nómades dixitais de INECO poñen a servizo dos habitantes distintos
obradoiros presenciais, como por exemplo o manexo de servizos online
para a realización de trámites administrativos: xestión de citas
médicas, banca electrónica… así como formación para coñecer
aspectos sobre a seguridade na Internet ou a pegada dixital. Ademais,
hai xanelas de atención personalizadas en función ás necesidades
específicas dos participantes
O
segundo eixo, a dixitalización económica, achegará apoio e
asesoramento ao tecido empresarial rural, a través do posicionamento
dixital, con apoio á creación de servizos en liña. A atención
céntrase “nunha aplicación práctica de ferramentas que poden
optimizar a actividade de pequenas e medianas empresas, como pode ser
a apertura dunha páxina web ou o uso de perfís en redes sociais
para o posicionamento no mundo dixital”.
INECO
RuralTIC 2.0 é a nova edición deste programa que durante o pasado
ano, ao longo de sete meses, conseguiu chegar a 39 municipios grazas
a 80 nómades dixitais que de forma graduada percorreron preto de
60.000 quilómetros. Un labor que despregou polo territorio nacional
case 350 talleres de dixitalización para chegar a máis de 2.300
persoas, así como a 252 pemes.
O
programa está dirixido a todos os municipios de menos de 10.000
habitantes que cumpran uns requisitos de partida: aloxamento para
hospedar aos nómades dixitais e espazos para a realización de
obradoiros, ambos con conexión 4G.
Os
municipios poden inscribirse aquí ata o 30 de setembro para poder
avaliar a súa candidatura.