Os novos Honor 50 e Honor 50 Pro anúncianse para o mercado chinés
mércores, 16 de xuño do 2021
Que a vindeira xeración de móbiles insignia de Honor foxen
chegar ao mercado cos servizos de Google agora que a marca non pertence a
Huawei era unha magnÃfica nova para moitos seareiros dos seus produtos, pero no
podemos esquecer que estamos ante unha liña de produtos que, aÃnda que a nivel
de deseño poidan resultar moi próximos aos Huawei P50, os Honor 50 e Honor 50
Pro son produtos dunha gama inferior, polo que non poderán ocupar totalmente o oco
deixado por Huawei no mercado europeo.
O Honor
50 Pro serÃa o novo móbil insignia da súa marca, cun procesador Qualcomm Snapdragon
778, 8/12 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento, pantalla AMOLED Full HD+ de
6,72 polgadas cun refresco de 120 Hz, cámara traseira cuádrupla cun sensor
principal de 108 MpÃxeles, cámara frontal dobre cun sensor principal de 32
MpÃxeles, baterÃa de 4.000 mAh con carga rápida de 100 watts, 5G, Wi-Fi 6,
Bluetooth 5.2 e un
prezo de 3.699 iuans para o modelo con 8 Gb de RAM e 256 GB (482 euros), o
que parece un prezo bastante axustado para un smartphone tan completo.
Pola súa banda, o Honor 50
é algo máis modesto, reducindo a súa pantalla a 6,57 polgadas, presentando só
unha cámara frontal de 32 MpÃxeles e optando po runha baterÃa de 4.300 mAh con
carga rápida de 66 watts, concesións que levan a que custe
2.699 iuans con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento e 2.999 iuans con 256
GB de almacenamento (352 e 391 euros respectivamente), o que fai que esteamos
ante un dispositivo aÃnda máis popular, con moitas bazas para converterse nun
éxito de vendas sen consegue unha boa distribución.
Polo momento non se realizou ningún anuncio oficial sobre a comercialización
dos novos produtos de Honor no mercado europeo, pero o feito de que se
esforzasen en volver a empregar os servizos de Google parece deixar claro que a
súa intención é que a marca recupere o pulo que tiña baixo o paraugas de Huawei.