O Nexus 4 está a ter unha elevada demandaA tenda en liña de Google incorpora hoxe en Europa dos novos dispositivos con Android promovidos pola compañía, que comprenden ao smartphone Nexus 4, ao novo tablet Nexus 10 e ao renovado tablet Nexus 7, que por fin poden marcarse a prezos moi competitivos, e que no caso do Nexus 4 está a ser unha estrea moi forte, pois este móbil con Android 4.2 véndese a 299 e 349 euros nos seus modelos con 8 e 16 Gb de almacenamento interno respectivamente, prezo moi agresivo para un smartphone libre, o que levou a que en poucos minutos esgotasen unidades. Os novos trebellos de Google xa están á venda en EuropaO Nexus 7 tamén podería ter unha alta demanda, pois agora o seu modelo de 16 Gb custa só 199 euros, mentres que o modelo de 32 Gb véndese por 249 e unha versión deste último con conectividade 3G venderíase só por 299 euros (un iPad mini de 32 Gb con 3G custaría 559 euros, de aí que o prezo de Google pareza tan atractivo). Máis difícil vai telo o Nexus 10, pois véndese a prezos de 399 e 499 euros para os seus modelos con 16 e 32 Gb de almacenamento, xa que desta volta Google non quixo competir en prezo, senón en prestacións, de xeito que tería unha das mellores pantallas do mercado (cun tamaño de 10,1 polgadas e unha resolución de 2.560 x 1.600 píxeles que superaría á pantalla Retina do novo iPad), contaría con 2 Gb de RAM, un potente procesador Exynos 5 de dobre núcleo, GPS e incluso NFC.