Os novos Samsung Galaxy S24 apostan con forza pola IA
mércores, 17 de xaneiro do 2024
Samsung celebrou hoxe o seu Galaxy Unpacked, evento de presentación dos novos móbiles da serie Galaxy S24, que chegarán ás tendas o vindeiro dÃa 30, e que destacan por levar aos usuarios á nova era da intelixencia artificial móbil, xa que a meirande parte das súas novidades están baseadas na aplicación da IA a funcionalidades do smartphone que poden ir dende a edición de fotografÃas até á tradución automática de chamadas.
AÃnda que boa parte das funcións de intelixencia artificial amosadas están desenvolvidas completamente por Samsung, hai unha función moi concreta que chega da manda de Google, e que responde ao nome de Circle to Search. Consiste en que cun simple xesto podemos elixir unha zona da pantalla (con independencia da aplicación que esteamos a utilizar) e a IA de Google interpretará o que ve (un lugar, un obxecto...) para realizar unha busca rapidamente e que asà poidamos saber máis sobre o que temos diante.
Probablemente o máis rechamante para moitos é a posibilidade de descargar modelos de linguaxe en distintos idiomas (13 inicialmente) dentro do móbil para despois poder realizar traducións de texto e voz en tempo real, o que pode aproveitarse para chamadas de voz (converténdose o móbil nun auténtico intérprete), para conversas en aplicacións de mensaxerÃa ou para actuar como intérprete presencial.
As capacidades dos modelos de linguaxe que integra Samsung nos seus móbiles tamén permiten cousas como ter mellor organizadas as notas no móbil e poder realizar transcricións de xuntanzas, coa opción de resumir o contido das mesmas, o que pode resultar moi práctico no dÃa a dÃa.
A nivel fotográfico as cámaras tamén fan un uso intensivo da IA, tanto para o propio disparo das fotografÃas como para a súa edición, sendo especialmente atractivo o que fai neste último apartado, xa que integra de xeito doado funcionalidades como o borrado ou desprazamento de elementos, a optimización de imaxes e incluso o recheo xenerativo para suplir elementos ausentes nunha imaxe cando, por exemplo, a xiramos lixeiramente.
A aplicación da IA ao vÃdeo tamén resulta moi interesante, chegando principalmente a través da ferramenta Instant Slow Mo, que permite converter en cámara lenta escenas gravadas a velocidade normal, para o que se teñen que xerar os fotogramas adicionais para poder reducir a velocidade dun xeito suave.
Un detalle moi importante do apartado visual dos novos móbiles de Samsung é que chegaron a un acordo con Instagram de xeito que a célebre aplicación aproveitará as bondades fotográficas dos móbiles surcoreanos, co que pretenden gañarse o favor dos máis activos en redes sociais, que habitualmente recorrÃan ao iPhone por ser o único móbil que podÃa rexistrar fotografÃas e vÃdeo dun xeito que non padecesen un importante maltrato á hora de publicarse en liña.
De cara aos xogadores tamén podemos comentar que os novos Galaxy S24 coidan a súa refrixeración cunha cámara de vapor de grande tamaño e soportan o trazado de raios para conseguir uns gráficos máis realistas.
O móbil máis básico dos presentados serÃa o Samsung Galaxy S24, con pantalla Full HD+ de 6,2 polgadas cun refresco de 120 Hz e 2.600 nits de brillo, cámara traseira tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles e con zoom óptico de 3x, procesador Exynos 2400, 8 GB de RAM, 128/256 GB de almacenamento interno, baterÃa de 4.000 mAh con carga rápida de 25 watts por cable (contando tamén con carga sen fÃos), resistencia IP68, 167 gramos de peso e un prezo que parte dos 909 euros.
O Samsung Galaxy S24+ estarÃa destinado a quen quere unha pantalla máis grande, pois está equipado cunha pantalla QuadHD+ de 6,7 polgadas, 12 GB de RAM, 256/512 GB de almacenamento, baterÃa de 4.900 mAh con carga rápida por cable de 45 watts, un peso de 196 gramos e un prezo que parte dos 1.159 euros.
Estes móbiles, con marco de aluminio e protección de pantalla Corning Gorilla Glass Victus 2, vense claramente superados polo Samsung Galaxy S24 Ultra, que conta cun marco de titanio e protección de pantalla Corning Gorilla Armor, polo que estamos ante un terminal máis resistente, que tamén é superior noutros aspectos. Falamos dun móbil cunha pantalla de 6,8 polgadas que pode controlarse cun S-Pen que pode agocharse no seu interior; funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, 12 GB de RAM e 256 GB/512 GB/1 TB de almacenamento; a súa baterÃa de 5.000 mAh ten carga rápida de 45 watts; o seu peso é de 232 gramos; e onde busca diferenciarse en boa medida dos seus irmáns pequenos é nas cámaras, xa que a súa cámara traseira cuádrupla ten un sensor principal de 200 MpÃxeles, un ultra grande angular de 12 MpÃxeles, un teleobxectivo 3x de 10 MpÃxeles e, como grande novidade, un teleobxectivo 5x de 50 MpÃxeles, co que prometen unhas imaxes a obxectos distantes de grande calidade. Este móbil, en función da súa configuración, terÃa un prezo de entre 1.479 e 1.819 euros.
Un detalle a salientar destes novos smartphones de Samsung é que o fabricante promete que recibirán 7 xeracións de actualizacións do sistema operativo e 7 anos de actualizacións de seguridade, de xeito que serÃan os móbiles con Android co soporte máis duradeiro do mercado. Pola contra, dado que parte das funcións de intelixencia artificial depende de servizos na nube, polo momento Samsung só garante que os novos dispositivos terán estas funcionalidades até o remate de 2025, non detallando o que pasará despois.
VÃdeo promocional do Samsung Galaxy S24 Ultra