Os novos auriculares de LG desinféctanse no seu estoxo de carga
xoves, 25 de xuño do 2020
- Os auriculares LG HBS-FN6 empregan luz ultravioleta para eliminar as bacterias durante a carga
LG
traerá a Europa o mes que vén un par de auriculares sen fÃos LG TONE Free
(modelos HBS-FN6 e HBS-FN4) que non só gozan de boa calidade de son grazas ao
uso de tecnoloxÃa Meridian Audio, senón que tamén destacan por contar cun
estoxo UVnano que elimina as bacterias e os xermes dos auriculares durante a
súa carga. Estarán dispoñibles en cor negra mate ou branca brillante.
Estes novos auriculares contan coa tecnoloxÃa HSP de Meridian, coa que
conseguen simular de xeito realista que esteamos a escoitar música mediante altofalantes,
á vez que tamén conseguen unha recepción clara da voz. Contan con ecualización
con 4 modos para que o usuario poida axustar a reprodución aos seus gustos; o deseño
dos auriculares contan cun grande illamento acústico; e para poder escoitar o
que acontece ao redor tamén teñen un modo de son ambiental que pode activarse
con só premer un botón.
Estes auriculares teñen protección IPX4, son compatibles co Asistente de Google
e con Siri e responden a ordes táctiles para a reprodución e o control de
volume sen ter que coller o smartphone. Teñen unha autonomÃa de até 6 horas de
reprodución que poden ampliarse até 18 horas grazas ao estoxo de carga, e a
principal diferenza entre ambos modelos á venda e que os HB-FN6 serán os que chegarán
equipados co estoxo de carga UVnano, que mediante luz ultravioleta prometen
eliminar o 99,9% das bacterias E. coli e S. aureus.
- Os novos auriculares de LG multiplican por 3 a súa autonomÃa grazas ao seu estoxo de carga