Os novos encartables de Samsung chegan este venres ás tendas
xoves, 24 de xullo do 2025
Samsung vén de anunciar o lanzamento mundial dos seus últimos dispositivos móbiles e wearables, dispoñibles a partir deste venres en 49 mercados, incluÃndo España. A nova xeración dos smartphones encartables Galaxy Z Fold7 e Galaxy Z Flip7, acompañada pola serie Galaxy Watch8, chega cunha aposta decidida pola integración da intelixencia artificial e un deseño máis fino e lixeiro.
Segundo a compañÃa surcoreana, a preventa destes novos modelos superou todas as expectativas en Europa, converténdose na máis exitosa da historia da gama Galaxy Z. O Galaxy Z Fold7 acapara máis da metade das reservas e experimentou un crecemento superior ao 50 % respecto aos seus predecesores.
Os novos dispositivos móbiles destacan pola incorporación de Galaxy AI, que permite interaccións contextuais e funcións como edicións automáticas de imaxes ou consultas en tempo real coa axuda de Gemini Live. O Galaxy Z Fold7 aposta por unha experiencia multitarefa nun formato de pantalla ampla, mentres que o Galaxy Z Flip7 conserva a súa icónica forma compacta, agora con funcionalidades ampliadas na FlexWindow, como notificacións intelixentes ou selfies mellorados sen necesidade de abrir o móbil.
Entre as novidades destaca tamén a función Estudio de retratos para mascotas, que transforma fotos de animais en ilustracións artÃsticas con estilos personalizados, ou a Edición Xenerativa, que suxire eliminar elementos de fondo nas imaxes sen intervención manual.
No eido dos wearables, o Galaxy Watch8 e o Watch8 Classic reforzan a aposta pola saúde con sensores mellorados e métricas en tempo real sobre o sono, o estrés ou a actividade fÃsica. Ademais, por primeira vez, incorpórase un Ãndice antioxidante que permite medir o nivel de carotenoides en só cinco segundos.
Os novos dispositivos estarán dispoñibles nunha ampla gama de cores, incluÃndo edicións exclusivas en liña. O Azul Intenso foi o ton máis solicitado nas reservas previas a nivel global.
Samsung ofrece tamén vantaxes adicionais, como acceso gratuÃto a Google AI Pro e 2 TB de almacenamento na nube durante seis meses, asà como cobertura con Samsung Care+ fronte a danos accidentais.
