Os novos móbiles de Honor chegan a Europa imitando descaradamente a Apple
xoves, 23 de abril do 2026

- O deseño do Honor 600 Pro está claramente inspirado no iPhone 17 Pro Max
Honor presentou os novos Honor 600 e 600 Pro, dous smartphones que a marca define como buques insignia accesibles e que destacan por un deseño claramente recoñecible, especialmente na versión Pro, que lembra de xeito evidente ao iPhone 17 Pro Max.
O Honor 600 Pro, co seu módulo de cámara traseira tripla, incluso reproduce a disposición do flash caracterÃstica de Apple, mentres que o Honor 600 opta por unha aproximación algo máis discreta ao prescindir do teleobxectivo de 3,5 aumentos presente na versión superior.
Ambos dispositivos comparten unha pantalla OLED de 6,57 polgadas e certificación IP69K de resistencia á auga, un estándar máis esixente que inclúe probas con chorros a presión. Integran baterÃas de 6.400 mAh. A carga rápida por cable acada os 80 watts nos dous casos, mentres que a carga sen fÃos queda reservada para o modelo Pro.
O Honor 600 Pro incorpora o procesador Snapdragon 8 Elite, correspondente á gama alta de Qualcomm do ano anterior, mentres que o Honor 600 emprega o Snapdragon 7 Gen 4, orientado á gama media. Esta diferenza marca o posicionamento de ambos terminais dentro do catálogo.
Os dous smartphones chegan estes dÃas ao mercado europeo cun prezo de partida de 649,90 euros para o Honor 600 e de 999,90 euros para o Honor 600 Pro.

- O Honor 600, ao non contar con cámara traseira tripla, non semella unha copia descarada
