Os novos móbiles de Samsung apostan todo á IA
mércores, 22 de xaneiro do 2025
Samsung presentou hoxe a súa nova familia de móbiles insignia, os Galaxy S25, S25+ e S25 Ultra, que collen a remuda da anterior xeración mantendo con poucos cambios o seu hardware e reforzando a súa aposta pola intelixencia artificial ata convertese no referente en integración da IA, para o que Samsung colabora estreitamente con Google.
As novidades relativas á intelixencia artificial nos novos móbiles de Samsung chegan a través da nova versión da súa capa de personalización, One UI 7, que quere converter os móbiles en auténticos asistentes de IA ao entender o contexto das necesidades do usuario e as súas preferencias para proporcional experiencias personalizadas. Ao integrar axentes de IA con capacidades multimodais os novos móbiles poden interpretar texto, imaxes e vÃdeos, con interaccións naturais mediante a voz, á vez que a función de Circle to Search evoluciona para facilitar buscas máis útiles, rápidas e contextuais.
O botón lateral dos Galaxy S25 permite activar Gemini, para asà gozar dunha interacción fluÃda entre as aplicacións de Samsung e Google, asà como con aplicacións de terceiros como Spotify. Por exemplo, é posible buscar o calendario de partidos do noso equipo favorito e engadilo á aplicación de calendario de Samsung cunha única orde de voz.
Os novos móbiles integran un motor de datos persoais que impulsa as funcións personalizadas de IA analizando de forma segura os datos para ofrecer experiencias altamente personalizadas como a busca de fotografÃas antigas na GalerÃa empregando linguaxe natural e recibir suxestións con Now Brief (que achega información relevante en cada momento, e que permite o acceso a través do widget Now Bar na pantalla de bloqueo).
No que se refire ao hardware dos móbiles, o principal cambio é a incorporación do procesador Snapdragon 8 Elite para Galaxy (versión exclusiva do procesador insignia de Qualcomm) que mellora o rendemento fronte aos modelos do ano pasado un 37% a nivel de CPU, un 30% en GPU e un 40% en NPU, polo que podemos entender que mellora substancialmente o funcionamento da IA para permitir que moitas funcións que antes corrÃan na nube agora poida procesarse en local.
A nivel de cámaras o principal cambio estarÃa na cámara ultra grande angular do Galaxy S25 Ultra, que pasa de 12 a 50 MpÃxeles, o que supón un importante salto en nivel de detalle. No apartado de vÃdeo a gravación HDR de 10 bits pasa a realizarse de xeito predeterminado, o que permite capturar unha expresión de cor moito máis rica e introduce ferramentas de software que antes estaban limitadas a software especializado e que agora chega a un público máis amplo, como o borrador de audio, que permite eliminar ruÃdos non desexados nos vÃdeos.
Mentres o S25 e o S25+ son case idénticos que os S24 e S24+, no caso do S25 Ultra as esquinas redondeáronse lixeiramente, reducÃronse o grosor e o peso, e mellorouse a súa resistencia coa incorporación de protección Corning Gorilla Armor 2.
Os novos móbiles están xa dispoñibles para a súa reserva, chegando ás tendas o 7 de febreiro con prezos de partida de 909 euros para o Galaxy S25, 1.159 euros para o Galaxy S25+ e 1.459 euros para o Galaxy S25 Ultra. No perÃodo de reserva hai importantes descontos, como poder ter os modelos de 512 GB ao prezo dos modelos con 256 GB de almacenamento, auriculares de agasallo ou descontos importantes en accesorios como smartwatches. Os dispositivos Galaxy S25 tamén incluirán 6 meses de Gemini Advanced e 2 TB de almacenamento na nube sen custo adicional.
VÃdeo promocional do novo Samsung Galaxy S25 Ultra