Os novos móbiles económicos de Xiaomi incorporan cámara dual

martes, 12 de xuño do 2018 Marcus Fernández

O fabricante chinés Xiaomi non deixa de alimentar o seu catálogo de smartphones, e tras enriquecer a súa gama alta, tócalle agora a quenda á gama baixa, que experimenta importantes cambios como sería a adopción de cámara traseira dual e un procesador de MediaTek, de xeito que os usuarios de teléfonos de entrada xa non só poden gozar de pantallas cunha relación 18:9, senón tamén de fotografías en modo retrato, que tanta popularidade conseguiron no último ano.

Redmi 6

O Redmi 6 ten unha pantalla de 5,45 polgadas cunha resolución de 1.440 x 720 píxeles, procesador Helio P22, 3/4 GB de RAM, 32/64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 256 GB), cámara traseira dual de 12 e 5 Mpíxeles, cámara frontal de 5 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, lector traseiro de pegadas dixitais, batería de 3.000 mAh, un grosor de 8,3 milímetros e un peso de 146 gramos, que sae á venda a un prezo moi axustado, que parte do 799 iuans (106 euros).

Redmi 6A

Pero Xiaomi non o deixa así, e tamén presenta o Redmi 6A, versión aínda máis económica, que sitúa o seu prezo nos 599 iuans (79 euros), o que fai que limite o seu procesador a un Helio A22, a súa RAM a 2 GB e o seu almacenamento interno a 16 GB, e prescinda do seu lector de pegadas traseiro, pero conservando a súa cámara traseira dual, polo que ten moitas bazas para converterse en todo un supervendas.

JPEG - 118.6 KB
O cambio máis perceptible entre o Redmi 6 e o Redmi 6A é que o modelo máis económico prescinde do lector de pegadas traseiro

PUBLICIDADE